O CONCELLO DE CERVO ACOLLERÁ A III CARREIRA POPULAR SANCI 5 KM O VINDEIRO 30 DE AGOSTO

sanci 5k

O Concello de Cervo será o escenario da III Carreira Popular Sanci 5 KM, o próximo 30 de agosto, a partir das 18:00 horas, e terá como punto neurálxico a Praza dos Campos en San Ciprián, onde se situará a saída e a meta do evento.

O Concello de Cervo será o escenario da III Carreira Popular Sanci 5 KM, o próximo 30 de agosto, a partir das 18:00 horas, e terá como punto neurálxico a Praza dos Campos en San Ciprián, onde se situará a saída e a meta do evento.

A cita deportiva foi presentada pola rexedora Dolores García Caramés, polo edil de Deportes David Rodríguez, e por membros do Club Maderas Barcia Cervo que organiza a cita coa colaboración do Concello de Cervo.

Tal e como explicaron desde a organización, a inscrición permanecerá aberta ata o próximo 26 de agosto a través da ligazón http://xn--tourmaria-s6a.com/

Ademais da carreira de adultos, tamén se establecerán percorridos alternativos adaptados ás crianzas, desde a categoría Pitufos Sub 8 ata Cadetes.

Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados en todas as categorías, obsequios para os mellor clasificados locais, e os 100 primeiros inscritos na carreira de adultos recibirán unha camiseta técnica conmemorativa.

«Quero convidar a toda a veciñanza e ás persoas amantes do deporte, tanto de Cervo como de fóra, a que se sumen a esta III Carreira Popular Sanci 5 KM. É unha ocasión perfecta para gozar do exercicio, do ambiente festivo e para vivir San Ciprián dunha maneira diferente», subliñou a rexedora Dolores García Caramés.