O CONCELLO DE CERVO PRESENTA AS FESTAS DAS DOLORES

Festas das Dolores

O Concello de Cervo, en colaboración coa Asociación Virxe dos Dolores, organiza unha nova edición das tradicionais Festas na Honra á Virxe dos Dolores, que se celebrarán durante esta fin de semana, os días sábado 27 e domingo 28 de setembro, na parroquia de Cervo.

O Concello de Cervo, en colaboración coa Asociación Virxe dos Dolores, organiza unha nova edición das tradicionais Festas na Honra á Virxe dos Dolores, que se celebrarán durante esta fin de semana, os días sábado 27 e domingo 28 de setembro, na parroquia de Cervo.

O programa foi presentado esta semana pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, acompañada polo concelleiro de Medio Rural, Adrián Arias, e por Federico, membro da Asociación Virxe dos Dolores, entidade organizadora do evento.

Durante a presentación, destacaron a importancia de conservar e apoiar as festas tradicionais do municipio, que forman parte do patrimonio cultural e social da veciñanza. A alcaldesa subliñou que “trátase dunha cita moi especial para moitas familias da parroquia, un punto de encontro no que se combina a devoción coa música e o ambiente festivo”.

Image removed. PROGRAMACIÓN COMPLETA

SÁBADO 27 DE SETEMBRO

14:00 h | Sesión vermú a cargo do grupo “Louband Street Band”

22:30 h | Gran verbena coas actuacións de:

Dúo Stylo

Discomóbil Conxuro

DOMINGO 28 DE SETEMBRO

Pasarrúas a cargo do grupo tradicional Fol do Raxal

13:00 h | Misa solemne cantada polo Coro de Cervo, seguida da tradicional procesión polas rúas da parroquia, acompañada tamén por Fol do Raxal

Ao remate, celebrarase unha sesión vermú prolongada con Discomóbil Conxuro

Image removed. Participación e tradición

Desde o Concello e desde a Asociación Virxe dos Dolores animan a toda a veciñanza e visitantes a participar destas festas, que manteñen viva a esencia das celebracións populares do municipio.