O CONCELLO DE CERVO RENOVA O PARQUE INFANTIL DA PRAZA DOS CAMPOS DE SAN CIPRIÁN

parque san ciprián

O proxecto contempla a retirada dos actuais elementos de xogo, do pavimento de caucho deteriorado e do peche perimetral, para instalar novos xogos homologados e adaptados ás distintas franxas de idade, así como un novo pavimento continuo de caucho de seguridade e un novo cerramento perimetral. 

O Concello de Cervo comezou os traballos de renovación integral do parque infantil da Praza dos Campos de San Ciprián, unha actuación destinada a transformar por completo este espazo de lecer e dotar ás familias dun equipamento máis seguro, moderno, accesible e adaptado ás diferentes idades que suporá un investimento de 320.845 euros procedentes de fondos propios.

O proxecto contempla a retirada dos actuais elementos de xogo, do pavimento de caucho deteriorado e do peche perimetral, para instalar novos xogos homologados e adaptados ás distintas franxas de idade, así como un novo pavimento continuo de caucho de seguridade e un novo cerramento perimetral. 

Entre os novos equipamentos previstos figuran diferentes xogos combinados e temáticos, columpios, xogos de muelle, un trampolín e outros elementos pensados para diversificar as posibilidades de xogo, fomentar a actividade física e favorecer a socialización dos nenos e nenas. 

A actuación incluirá un pavimento continuo absorbente de impactos, executado con caucho reciclado e EPDM, conforme á normativa de seguridade, así como un novo cerramento perimetral fabricado en polímero reciclado. 

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, supervisou os traballos acompañada polos concelleiros Adrián Arias, David Rodríguez e Pilar Armada, e pola pedánea de San Ciprián, Toñita Casas, e sinalou que 

“esta actuación responde á necesidade de renovar un espazo moi utilizado polas familias de San Ciprián e de todo o municipio, apostando por un parque infantil completamente renovado, seguro e pensado para que os nenos e nenas poidan desfrutar e xogar en condicións axeitadas”.

“Queremos que as familias conten con espazos públicos de calidade e que os máis pequenos teñan equipamentos atractivos, seguros e adaptados ás súas necesidades. Esta renovación integral supón unha mellora importante para a Praza dos Campos e para o propio núcleo de San Ciprián”, engade a rexedora.

Con esta intervención, o Concello de Cervo busca consolidar a Praza dos Campos como un espazo de encontro e lecer para as familias, cunha área infantil renovada e deseñada conforme á normativa vixente en materia de seguridade e accesibilidade.