DE COBO A XUNCO PECHOU A SÚA SEGUNDA EDICIÓN CUNHA GRAN GALA FINAL
Unha edición que nos deixou historias, risas, emocións e moitos momentos para lembrar, levando a narración oral por diferentes espazos do municipio.
Tiñamos pendente de compartir algunhas imaxes do broche de ouro da segunda edición de De Cobo a Xunco, o Festival de Narración Oral do Concello de Cervo, nunha gran gala final no Salón de Actos do Concello con Oswaldo Digón e Víctor Grande, e con Carmen Conde e Felipe Díaz Valle “Caxoto”, como Mestres de cerimonia,
Unha edición que nos deixou historias, risas, emocións e moitos momentos para lembrar, levando a narración oral por diferentes espazos do municipio.
Desde o Concello de Cervo queremos facer un agradecemento moi especial a Tarabela Creativa, pola súa implicación e por facer posible, unha vez máis, este fermoso proxecto; a todos os narradores e narradoras e artistas convidados que pasaron por Cervo ao longo destas semanas e que nos regalaron o seu talento; e tamén ás asociacións de veciños e veciñas, pola súa colaboración e por abrir as portas dos seus espazos para que as historias chegaran a diferentes recunchos do noso municipio.
E, por suposto, grazas ao público. A todas as persoas que asististes ás diferentes propostas, que escoitastes, ristes, participastes e fixestes voso este festival.
Grazas por formar parte de De Cobo a Xunco!