O CONCELLO DE CERVO CONVIDA A TODA A VECIÑANZA A PARTICIPAR NAS FESTAS DE CASTELO, OS DÍAS 3 E 4 DE OUTUBRO

festas castelo

Desde o Concello de Cervo animan a participar nas Festas de Castelo e a manter vivo o espírito das celebracións tradicionais, nunha fin de semana pensada para o reencontro, a diversión e a convivencia.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro de Medio Rural, Adrián Arias, presentaron a programación acompañados por representantes da Asociación Cabaleiros do Xunco, que organiza a Festa, tamén coa colaboración da Comunidade de Montes Medela e Rozada

O Concello de Cervo anima a toda a veciñanza e ás persoas que nos visiten a achegarse ás Festas de Castelo, que se celebrarán os vindeiros 3 e 4 de outubro con motivo das festas na honra da Nosa Señora do Rosario.

Na presentación da programación participaron a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, o concelleiro de Medio Rural, Adrián Arias, e membros da Asociación Cabaleiros do Xunco, que organiza a festa, coa colaboración tamén da Comunidade de Montes Medela e Rozada.

A alcaldesa destacou a importancia de manter vivas estas celebracións, que forman parte da tradición e da identidade das parroquias do municipio, e convidou á veciñanza de Cervo e das localidades próximas a gozar dunha fin de semana de encontro, música, tradición e convivencia.

Ademais, puxo en valor o traballo desenvolvido pola asociación Cabaleiros do Xunco, para facer posible a celebración.

A programación dará comezo o sábado 3 de outubro, cunha misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo, seguida de procesión e sesión vermú amenizada polo Grupo Fénix.

Xa pola noite, a partir das 22:00 horas, terá lugar unha gran verbena, coa actuación do Grupo Fénix e Galilea, que serán os encargados de poñer música á noite festiva.

O domingo 4 de outubro, os actos relixiosos volverán ocupar un lugar destacado, con misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo, procesión e sesión vermú, nesta ocasión amenizada polo Dúo Belinda.

As celebracións contarán ademais con recinto con servizo de carpa, facilitando así que veciñanza e visitantes poidan compartir as xornadas festivas con independencia das condicións meteorolóxicas.

Desde o Concello de Cervo animan a participar nas Festas de Castelo e a manter vivo o espírito das celebracións tradicionais, nunha fin de semana pensada para o reencontro, a diversión e a convivencia.

O Concello de Cervo agarda por toda a veciñanza en Castelo os días 3 e 4 de outubro.