O CONCELLO DE CERVO DÁ CONTINUIDADE Á REFLEXIÓN SOBRE A MASCULINIDADE NA ADOLESCENCIA A TRAVÉS DO PLAN CORRESPONSABLES

charla ies corresponsables

O IES Marqués de Sargadelos  acolleu esta semana a segunda das charlas baixo o título Repensar a masculinidade na adolescencia: identidade, presión social e modelos funcionais, unha iniciativa enmarcada no Plan Corresponsables en Cervo 2026 e impartida por UniSer Coaching.

A sesión, dirixida ao alumnado de 4º da ESO, deu continuidade a este espazo de reflexión arredor dos modelos de masculinidade na adolescencia, abordando a influencia dos mandatos sociais, a presión do grupo e os referentes dixitais, así como a importancia de cuestionar os estereotipos tradicionais e promover relacións máis igualitarias, saudables e respectuosas.

Desde o Concello queremos agradecer ao IES Marqués de Sargadelos a súa colaboración e implicación nesta iniciativa, así como a Luz, formadora de UniSer Coaching, o seu traballo e a súa achega para fomentar o pensamento crítico, a igualdade e o respecto entre a mocidade.