O CONCELLO DE CERVO ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS PARA A COMPRA DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA EDUCACIÓN INFANTIL

axudas material escolar

 As familias poden presentar as solicitudes ata o 12 de novembro, incluído, no Rexistro Xeral do Concello.

O Concello de Cervo abre o prazo para solicitar as axudas destinadas á adquisición de libros e material escolar para o alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil dos dous centros educativos do municipio que imparten estas ensinanzas: o CEIP Península da Paz e o CEIP de Cervo.

As solicitudes deberán presentarse xunto coa documentación requirida: fotocopias do DNI dos membros da unidade familiar, fotocopia do libro de familia, autorización para obter documentación e información necesaria para este proceso  das distintas administracións públicas , e factura da compra ou orzamento do material escolar nun establecemento comercial do municipio.

A documentación deberá entregarse no Rexistro Xeral do Concello. Os impresos de solicitude e as bases da convocatoria están dispoñibles na Casa da Cultura, no Concello de Cervo e no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal: https://cervo.sedelectronica.es/board/.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, salienta que “apoiar as familias e contribuír a aliviar os gastos que supón o inicio do curso escolar é unha prioridade para o Concello. Con estas axudas queremos facilitar a adquisición do material necesario para os máis pequenos e, ao mesmo tempo, animar a realizar as compras nos establecementos do municipio, apoiando así o comercio local”.