CERVO PARTICIPOU NO PROXECTO "FEITO CO MAR", UNHA INICIATIVA PARA IMPULSAR NOVAS OPORTUNIDADES DE EMPRENDEMENTO E VALORIZACIÓN DOS PRODUTOS PESQUEIROS

brion

A visita reuniu representantes de distintos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia para coñecer de primeira man a experiencia do espazo colaborativo Transformando en Brión, un modelo de referencia na elaboración, transformación e comercialización de produtos locais.

O Concello de Cervo estivo presente na xornada celebrada en Brión no marco do proxecto de cooperación «Feito co Mar», coa participación da tenente de alcaldesa, Mali Méndez, e tamén da técnica de Desenvolvemento Local (ADL).

A visita reuniu representantes de distintos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia para coñecer de primeira man a experiencia do espazo colaborativo Transformando en Brión, un modelo de referencia na elaboración, transformación e comercialización de produtos locais.

Trátase dunha iniciativa moi interesante que busca identificar novas oportunidades para o sector pesqueiro, tomando como inspiración experiencias de éxito que permitan avanzar cara á creación de espazos colaborativos para a transformación e valorización dos produtos do mar, favorecendo así o emprendemento, a innovación e o desenvolvemento da economía local.

Desde o Concello de Cervo valoramos moi positivamente este tipo de encontros, que permiten compartir experiencias, coñecer novos modelos de traballo e explorar oportunidades que contribúan a fortalecer o sector pesqueiro e xerar novas posibilidades de futuro para o noso territorio.

Coñecer, compartir e colaborar para seguir creando oportunidades arredor do mar.