AXENDA DA FIN DE SEMANA | PISCINA OLÍMPICA MUNICIPAL
AXENDA DA FIN DE SEMANA | PISCINA OLÍMPICA MUNICIPAL
Esta fin de semana, a nosa Piscina Municipal Olímpica // Concello de Cervo acolle unha intensa actividade deportiva e formativa
Xornada de Tecnificación. Sábado e domingo.
A Selección Galega de Salvamento e Socorrismo (categoría absoluta) estará en Cervo dentro do programa de Alto Rendemento. Participarán 16 deportistas, acompañados polo seu equipo técnico, traballando na mellora do rendemento, técnica e preparación de competicións.
Curso de formación en socorrismo acuático
Arrinca tamén o curso de formación específica en instalacións e espazos acuáticos naturais
Inicio: 28 de marzo
Lugar: Cervo
Proba de natación: sábado 28 ás 10:00 horas
Campus de Natación Artística
Desenvolverase o campus con varias sesións ao longo da fin de semana, rematando cunha exhibición final
Horarios para o público:
• Sábado 28: 11:15–13:15 e 16:30–19:00
• Luns 30 / Martes 31: 10:00–12:30 e 16:30–19:00
• Mércores 1: 10:00–12:30
16:00–17:30 → EXHIBICIÓN FINAL
Unha fin de semana chea de deporte, formación e alto nivel en Cervo