ACTUALIZACIÓN SITUACIÓN LUME RÍO COBO-PEDROSA
A chuvia caída nas últimas horas contribuiu de maneira moi positiva á estabilización da zona, mais mantéñense brigadas e equipos de extinción traballando no terreo ata que o incendio poida darse por totalmente extinguido.
Informamos de que o incendio declarado en Río Cobo e Pedrosa se deu por controlado tal e como informan as brigadas que traballan na zona. Con todo ao longo desta mañá seguen a realizarse labores de revisión e control do perímetro para garantir a súa completa seguridade.
A chuvia caída nas últimas horas contribuiu de maneira moi positiva á estabilización da zona, mais mantéñense brigadas e equipos de extinción traballando no terreo ata que o incendio poida darse por totalmente extinguido.
Desde o Concello de Cervo reiteramos o noso máis profundo agradecemento a todas as persoas e equipos implicados nestas tarefas. O seu esforzo foi e segue a ser fundamental.
Tamén queremos volver recoñecer o comportamento exemplar da veciñanza de Río Cobo e Pedrosa, que actuou con serenidade e responsabilidade nun momento de grande preocupación para todos.
O Concello continuou e continúa ao carón da xente. A alcaldesa estivo presente na zona ata a madrugada, e volveu revisar o perímetro esta mañá, acompañando e asegurando que en todo momento se atendesen as necesidades das familias afectadas, compromiso que se mantén mentres continúan os traballos.
Unha vez máis, a unidade, a forza colectiva e a solidariedade do noso pobo fanse visibles. Grazas de corazón.