A ALCALDESA ENTREGOU OS PREMIOS DO CERTAME DE POSTAIS DE NADAL
Este ano participaron 41 nenas e nenos, enchendo o certame de maxia, cor e moita creatividade
Entrega de premios do Certame de Postais de Nada
A alcaldesa, Dolores García Caramés, fixo a entrega dos premios este sábado, durante o Mercado de Nadal organizado por Airiños do Xunco na Praza do Souto.
Estas foron as postais e autoras premiadas:
Felicitación institucional:
Daniela Ben Blanco, 7 anos
Categoría 3-5 anos:
Mara Blanco Ramos, 5 anos
Categoría 6-9 anos:
Olivia Maragoto González, 9 anos
Categoría 9-12 anos:
Vera Lecumberri Villares, 11 anos
Este ano participaron 41 nenas e nenos, enchendo o certame de maxia, cor e moita creatividade.
Parabéns ás artistas premiadas e grazas a todas as crianzas por participar!