AXUDAS PARA O COMERCIO LOCAL E ARTESANAL
A Xunta de Galicia vén de publicar unha convocatoria de axudas para impulsar a innovación, dixitalización, modernización e sustentabilidade do comercio local e artesanal.

Actuacións subvencionables:
Dixitalización: webs, software, sistemas de xestión
Modernización comercial: obras, moblaxe, eficiencia enerxética, mellora de fachadas
Sustentabilidade ambiental: embalaxes e materiais respectuosos co medio ambiente
Persoas beneficiarias:
• Comercio minorista en Galicia
• Talleres artesáns inscritos no Rexistro de Artesanía de Galicia
Contía da axuda:
Ata o 80 % do investimento subvencionable (IVE non incluído)
Prazo de solicitude:
Do 16 de xaneiro ao 16 de febreiro de 2026
Presentación:
Exclusivamente por vía electrónica na Sede Electrónica da Xunta de Galicia
Procedemento CO300C