CELEBRANDO AS LETRAS GALEGAS EN SARGADELOS, III FESTIVAL ESPALLANDO LETRAS
O noso agradecemento á asociación de veciños de San Román, á asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras Rúa e á asociación Airiños do Xunco por facer posible este gran Día das Letras Galegas cunha programación chea de cultura, música, artesanía e convivencia.
Dende o Concello de Cervo queremos felicitar ás asociacións organizadoras polo magnífico traballo realizado na celebración do III Festival Espallando Letras no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, convertendo esta cita nun auténtico encontro arredor da nosa lingua, da nosa cultura e das nosas tradicións.
O noso agradecemento á asociación de veciños de San Román, á asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras Rúa e á asociación Airiños do Xunco por facer posible este gran Día das Letras Galegas cunha programación chea de cultura, música, artesanía e convivencia.
Grazas tamén aos grupos e participantes que encheron Sargadelos de talento e alegría: A Rebolaxe, Milicrocas, SCR Ledicia e Os Chiribicos.
As actividades desenvolvidas por:
Cabaliño de Pau para os máis pequenos e pequenas
a degustación da man de Marmeladas A Morena
as visitas ao obradoiro de forxa artística de Telmo Cao
os talleres de cestiñas de flores secas de Hai Larán
tiveron unha gran acollida entre o público asistente, que puido gozar e descubrir de primeira man diferentes propostas creativas, artesanais e culturais para todos os públicos.
Dende o Concello quixemos apoiar e achegar este tipo de iniciativas á veciñanza, colaborando e subvencionando estas actividades para facilitar que a cidadanía puidese coñecer o traballo e algunhas das propostas que se impulsan dende o Centro de Emprendemento de Sargadelos, un espazo cheo de talento, innovación e tradición.
Graciñas a todas as persoas asistentes e colaboradoras por facer posible unha xornada tan especial para celebrar as nosas Letras Galegas en Sargadelos.