CERTAME VERSOS DE ROSALÍA
Este próximo sábado, 24 de febreiro, ten lugar unha efeméride moi importante no calendario galego: o Día de Rosalía de Castro, a escritora máis representativa das nosas letras.
Para conmemorar ese Día, desde o Concello de Cervo, queremos convidarvos a participar no concurso "VERSOS DE ROSALÍA"
Envíanos os dous versos que máis che gusten da escritora no formato que desexes (fotografía, debuxo, vídeo, audio, texto...)
Valorarase a orixinalidade
Establécense dúas categorías: SÉNIOR e XUVENIL, con tres premios en cada unha delas
Fainos chegar as túas creacións antes das 17:00 horas do 24 de febreiro ao correo
prensa@concellodecervo.com ou por
whatsapp ao 683 31 59 39
Recorda incluír o teu nome e apelidos, idade, teléfono e lugar de procedencia
Os/as gañadores/as daranse a coñecer ás 20:00 horas do mesmo 24 de febreiro.