CERVO CELEBRARÁ AS FESTAS NA HONRA DA NOSA SEÑORA, SAN ROQUE E O CARME DESDE O 14 AO 16 DE AGOSTO, CO COLOFÓN DA QUEIMADA POPULAR

FESTAS DE SAN ROQUE EN CERVO

Os festexos arrincarán o xoves coa popular Festa do Ovo Frito que contará coa actuación da Charanga Santa Compaña e da Discomóbil Conxuro

O 15 e o 16 de agosto haberá misa solemne cantada polo Coro de Cervo seguida de procesión amenizada por Fol do Raxal, e sesión vermú, verbena e concerto

A XLVII Queimada Popular e o mercado tradicional serán o sábado 23 de agosto, coa popular representación no Souto, e as actuacións de Gintoni´s e discomóbil Conxuro

O Concello de Cervo vivirá uns días intensos de música, tradición e gastronomía nas Festas na Honra da Nosa Señora, Virxe do Carme e San Roque, organizadas pola A.C. Rego Cachón en colaboración co Concello de Cervo, e de diferentes asociación locais.

A programación foi presentada pola tenente de alcaldesa Mali Méndez, polo concelleiro Alfredo Fernández, e por unha represención da A.C Rego Cachón que se encarga do San Roque; e de Airiños do Xunco e da Comunidade de Montes da Bidueira, que colaboran tamén nos festexos dunha ou doutra forma.

As festas arrincarán o xoves 14 de agosto coa popular Festa do Ovo Frito, organizada neste caso por Airiños do Xunco e Cabaleiros da Bidueira, que contará coa actuación da Charanga Santa Compaña e da Discomóbil Conxuro.

O venres 15 de agosto, ás 13:00 horas, celebrarase a misa solemne cantada polo Coro de Cervo e procesión acompañada por Fol do Raxal. A continuación, sesión vermú co grupo Lecer e, xa pola noite, gran verbena co grupo Lecer e o dúo Caramelo. Durante a xornada, o Bar Caseto de Copa ofrecerá degustación de mexillóns.

O sábado 16 de agosto, ás 12:30 horas, terá lugar a misa solemne cantada polo Coro de Cervo e procesión, tamén acompañada por Fol do Raxal. Seguirá unha sesión vermú co dúo Zafiro e a degustación de percebes a cargo do Bar Caseto de Copa. Pola noite, gran verbena co dúo Zafiro, concerto do grupo Recuerdos e fin de festa coa Discomóbil Karamelo.

Como colofón das Festas o sábado 23 de agosto Cervo celebrará a XLVII Queimada Popular, festa declarada de Interese Turístico Galego, organizada pola asociación Airiños do Xunco, cuxa programación se fará pública nos vindeiros días.

O Concello anima a veciños e visitantes a gozar destas Festas que reúnen cada ano a veciños, amigos e familia nunha contorna única como é o núcleo de Cervo; cunha programación pensada para todos os públicos, na que se combina tradición, música e boa gastronomía;

 agradecendo a implicación das asociacións e colectivos que fan posible que estas festas sexan un punto de encontro do verán na bisbarra.