CERVO INAUGURA A MOSTRA QUEREMOS SER LIBRES DE DIANA FAJARDO
Vinte instantáneas compoñen esta mostra que se poderá visitar desde este mesmo luns na Casa da Cultura
Cervo tínguese de violeta con motivo do Día Internacional de Loita Contra da Violencia de Xénero
Queremos ser Libres é o título da mostra que inauguramos este mediodía na Casa da Cultura da fotógrafa Diana Fajardo.
Unha exposición cargada de historias, empatía e sensibilidade para concienciar e poñer o foco sobre a lacra da violencia de xénero que invita á reflexión sobre esta dolorosa realidade, tal e como sinalou a alcaldesa, Dolores García Caramés.
Vinte instantáneas compoñen esta mostra que se poderá visitar desde este mesmo luns na Casa da Cultura.
Ademais este domingo tamén tivemos a oportunidade de visionar o resultado do taller de fotografía de Luz Negra que impartiu na tarde de onte dirixido ás crianzas e tamén para personas adultas.
Libres e valentes foron algunhas das mensaxes que tintaron nos seus corpos
Parabéns e graciñas a todos os participantes e a Diana por compartir a súa óptica con todos nós!
Non a perdades!!!
E mañá ás 19:00 horas na Praza Nardo Martínez agardámoste no acto solidario Unha Vela por Ti, en colaboración coa asoc. Mujeres en Igualdade de Cervo.