CHARLA SOBRE NUTRICIÓN NO DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO

Será ás 16:30 horas, no local social de Terramar, na Casa do Mar; a continuación as persoas asistentes poderán desfrutar dunha degustación saudable.
O vindeiro martes, 4 de febreiro, é o 𝐃𝐢́𝐚 𝐌𝐮𝐧𝐝𝐢𝐚𝐥 𝐂𝐨𝐧𝐭𝐫𝐚 𝐨 𝐂𝐚𝐧𝐜𝐫𝐨
E desde o Concello de Cervo en colaboración coa asociación de Xubilados Terramar, convidamos a toda a veciñanza a participar ese día nunha charla sobre vida saudable e alimentación baixo o título "𝒂 𝒂𝒍𝒊𝒎𝒆𝒏𝒕𝒂𝒄𝒊𝒐́𝒏 𝒄𝒐𝒎𝒐 𝒇𝒂𝒄𝒕𝒐𝒓 𝒑𝒓𝒐𝒕𝒆𝒄𝒕𝒐𝒓 𝒇𝒓𝒐𝒏𝒕𝒆 𝒂𝒐 𝒄𝒂𝒏𝒄𝒓𝒐" que impartirá a nutricionista Cristina Rodil.
Será ás 16:30 horas, no local social de Terramar, na Casa do Mar; a continuación as persoas asistentes poderán desfrutar dunha degustación saudable.
Anímate a participar:
𝑃𝘰𝑟𝘲𝑢𝘦 𝘶𝑛𝘩𝑎 𝑑𝘪𝑒𝘵𝑎 𝑠𝘢𝑢𝘥𝑎𝘣𝑙𝘦 𝘱𝑜𝘥𝑒 𝑖𝘯𝑓𝘭𝑢𝘪́𝑟 𝑛𝘰 𝘳𝑖𝘴𝑐𝘰 𝘥𝑒 𝑝𝘢𝑑𝘦𝑐𝘦𝑟 𝑢𝘯 𝘤𝑎𝘯𝑐𝘳𝑜, 𝘯𝑎 𝑟𝘦𝑠𝘱𝑜𝘴𝑡𝘢 𝘢𝑜 𝑡𝘳𝑎𝘵𝑎𝘮𝑒𝘯𝑡𝘰, 𝑒 𝑛𝘢 𝘤𝑎𝘭𝑖𝘥𝑎𝘥𝑒 𝑑𝘦 𝘷𝑖𝘥𝑎 𝑑𝘶𝑟𝘢𝑛𝘵𝑒 𝑒 𝑑𝘦𝑠𝘱𝑜𝘪𝑠 𝑑𝘢 𝘦𝑛𝘧𝑒𝘳𝑚𝘪𝑑𝘢𝑑𝘦.
Na foto, a alcaldesa, Dolores García Caramés, a concelleira, Mali Méndez, e o presidente de Terramar, José Luis Sariego, durante a presentación da actividade no local da asociación.