EVANGELINA MARTÍNDEZ CELEBRA 101 ANOS EN CUÍÑA

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, quixo felicitar este domingo, coincidindo coa festividade do Pilar, a Evangelina Martínez, veciña de Cuíña que hoxe cumpre nada menos que 101 anos.
 

Evangelina Martínez celebra 101 anos en Cuíña. 

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, quixo felicitar este domingo, coincidindo coa festividade do Pilar, a Evangelina Martínez, veciña de Cuíña que hoxe cumpre nada menos que 101 anos.

Evangelina é unha muller que contaxia alegría, vitalidade e bo humor. Din que o seu segredo para chegar tan lonxe está precisamente nesa enerxía positiva que desprende cada día.

Totalmente autónoma, mantén unha memoria prodixiosa, chea de anécdotas e recordos que lle encanta compartir coa súa familia e con todos/as os que se achegan visitala .

Ao longo da súa vida dedicouse á labranza, e hoxe segue a saír tódalas mañás a pasear . É amante da boa comida, e entre as súas favoritas están os ourizos de mar e o peixe, todo o que veña do mar.

A alcaldesa achegouse para acompañala neste día tan especial e entregoulle, como mostra de cariño, un fermoso ramo de flores .

Parabéns, Evangelina! Por moitos máis anos cheos de saúde e rodeada deses 6 fillos, 11 netos e 10 bisnetos.