A EXPOSICIÓN NAUFRAXIOS DA COSTA DA MORTE CHEGA AO CONCELLO DE CERVO

Esta exposición, promovida por Suministros Lar, está composta por nove pezas decoradas por ambas caras e estará instalada durante todo un ano para desfrute de veciños e visitantes.

Non deixes de ver a nova mostra de NAUFRAXIOS da Costa da Morte que percorre o Paseo do Torno, en San Ciprián!

Esta exposición, promovida por Suministros Lar, está composta por nove pezas decoradas por ambas caras e estará instalada durante todo un ano para desfrute de veciños e visitantes.

A mostra pertence á novena edición do "Concurso de Murales de Azulejo Lar", no que participan estudantes de secundaria e persoas usuarias das asociacións Apem e Aspaber. aceptación por parte dos centros, profesorado e alumnado e que desde o 2006 que se puxo en marcha tivo moita aceptación, explorando cada ano diferentes temáticas co obxectivo de dar una nova vida á cerámica coa súa reciclaxe e así concienciar sobre la importancia de protexer o medioambiente.

Neste caso, son nove os naufraxios protagonistas : O City of Agra (afundido en Arou, Camariñas), A Bayonnaise (Fisterra), O Serpent (Trece, Camariñas), Mount Parnes (Corcubión), San Jerónimo (faro Cee), Ambaca (Touriñán, Muxía), Brigneti (Vilán, Camariñas), The Great Liverpool (Gures, Cee) e Mina Sorriego (Muxía).

Non a perdas! Desfruta dun Paseo polo Torno desde outra perspectiva.