MAÑÁ REGRESAN OS VENRES DE PETISCOS QUE PROPÓN A HOSTALERÍA DE CERVO E SARGADELOS

A ruta, que conta coa colaboración da Administración local, retomarase este 6 de setembro, con tapas elaboradas no Caseto de Copa, na pousada O Almacén, na Taberna de Sargadelos e no café-bar cultural A Sacabeira

As propostas culinarias serán a un prezo de 2,5 euros, e haberá un sorteo mensual dunha cea en cada local participante, entre as papeletas seladas cada semana polos catro establecementos participantes

O Concello de Cervo anima a veciños e visitantes a participar na proposta culinaria da hostalería de Cervo e Sargadelos que volve mañá baixo o título Ruta Venres de Petiscos, coa participación do Caseto de Copa, a Pousada O Almacén, a Taberna de Sargadelos e o café-bar cultura A Sacabeira.

A nova edición foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, e polos representantes dos establecementos participantes, Elsa Fernández, Tomás Mariño, Jessica Carrasco e Bruno González, respectivamente; na Casa do Concello esta mañá.

As tapas serviranse a un prezo de 2,50  euros e haberá un sorteo mensual dunha cea en cada local, entre as papeletas seladas cada semana nos catro establecementos.

Para este primeiro venres as propostas son as seguintes:

  • Caseto de Copa, Risotto ai funghi

  • Pousada O Almacén, Salpicón de bonito

  • A Taberna de Sargadelos, Guiso Celta

  • Café Bar Cultural A Sacabeira, Torrada de guacamole e boqueróns

As persoas interesadas en recibir información semanal, poden seguir as redes do Concello e tamén a páxina de facebook oficial do tapeo “Ruta de Petiscos Cervo-Sargadelos”.

https://www.facebook.com/profile.php?id=61556069280705