O ALUMNADO DO CEIP DE CERVO DECORA UN ÁRBOL DO PARQUE CON ADORNOS ELABORADOS POR ELES MESMOS
O persoal municipal axudou a colgar os adornos navideños elaborados polos nenos e nenas do cole con material de refugallo, un fermoso exemplo de imaxinación, sustentabilidade e traballo en equipo
Unha árbore moi especial en Cervo feita coa imaxinación dos máis pequenos
Desde o Concello colaboramos co alumnado do CEIP de Cervo na decoración dunha das árbores do parque Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane, en Cervo, enchéndoa de creatividade, cor e espírito de Nadal. O persoal municipal axudou a colgar os adornos navideños elaborados polos nenos e nenas do cole con material de refugallo, un fermoso exemplo de imaxinación, sustentabilidade e traballo en equipo
Ata o parque achegáronse a alcaldesa, Dolores García Caramés, e a concelleira Mali Méndez, que puideron comprobar de primeira man o bonito resultado desta iniciativa.
Animámosvos a achegarvos ao parque para ver o resultado e gozar desta decoración tan especial, feita con moita ilusión.
Grazas ao CEIP de Cervo por compartir connosco esta iniciativa tan chea de valores.