O ALUMNADO DO CEIP PENÍNSULA DA PAZ COÑECEU A CASA DO CONCELLO
Esta mañá recibimos a visita do alumnado de 3º de primaria do CEIP Península da Paz, e das súas mestras.
En compañía da tenente de alcaldesa, Mali Méndez, foron percorrendo as diferentes estancias da Casa do Concello e coñecendo de preto o funcionamento da súa administración máis cercana.
O alumnado de 3º de primaria do CEIP Península da Paz visitou esta mañá a Casa do Concello. A tenente de alcaldesa, Mali Méndez, acompañounos durante todo o percorrido polas diferentes estacias e departamentos do Concello.
Méndez puxo en valor este tipo de actividades "que axudan a achegar a figura dos politicos e políticas aos máis pequenos, e que poidan tomar contacto coa Administración local e co persoal que traballa no seu propio Concello, que vexan de preto o organigrama que o conforma e como se toman as decisións”.
O tamén edil de Medio Ambiente destacou o interese que amosaron os nenos e nenas durante toda a visita e a súa curiosidade, xa que nos plantexaron tanto políticos como ao persoal municipal moitas cuestións relacionadas co labor que se desenvolve dentro do Concello e o papel que desempeña o Goberno municipal.