O ALUMNADO DO IES MARQUÉS DE SARGADELOS VISITA A MOSTRA BALEAS A FLOTE

A exposición pode visitarse de luns a venres en horario de mañá, de 9:00 a 14:00 horas, e tamén polas tardes de luns a xoves, de 16:00 a 19:00 horas, facilitando así o acceso tanto á veciñanza como ás persoas visitantes interesadas neste proxecto artístico e ambiental.

O alumnado de 2º da ESO do IES Marqués de Sargadelos achegouse hoxe á mostra "Baleas a Flote: arte en Madeira e Mar", situada na Casa da Cultura de San Ciprián e aberta ao público durante todo o mes de abril.

A exposición pode visitarse de luns a venres en horario de mañá, de 9:00 a 14:00 horas, e tamén polas tardes de luns a xoves, de 16:00 a 19:00 horas, facilitando así o acceso tanto á veciñanza como ás persoas visitantes interesadas neste proxecto artístico e ambiental.

Durante a visita, o propio creador da mostra, Francisco Martínez-Pin, acompañou ao alumnado, ofrecendo explicacións directas sobre o proceso creativo das súas obras e o uso de materiais recuperados. A súa intervención resultou moi enriquecedora, espertando o interese dos estudantes, que participaron con atención e curiosidade.

A actividade desenvolveuse nun ambiente dinámico e didáctico, no que o alumnado puido conectar tanto coa mensaxe ambiental da exposición como coa tradición mariñeira da contorna.

Image removed.Dende o Concello de Cervo agradécese ao IES Marqués de Sargadelos a súa colaboración e implicación neste tipo de iniciativas, que contribúen a fortalecer a relación entre a comunidade educativa e a vida cultural do municipio.

O Concello de Cervo reafirma, ademais, o seu compromiso coa promoción de propostas culturais e educativas que fomenten a concienciación ambiental e poñan en valor o patrimonio e a identidade