O ALUMNADO DO OBRADOIRO DE EMPREGO XA ESTÁ A TRABALLAR SOBRE O TERREO
Os alumnos e alumnas están levando a cabo tarefas de poda nas árbores desta vía, aplicando sobre o terreo os coñecementos que están adquirindo durante a súa formación na especialidade de xardinería.
O alumnado do Obradoiro de Emprego xa está desenvolvendo os primeiros traballos prácticos no municipio, nesta ocasión centrados na poda ornamental das árbores da Avenida de Galicia, en Cervo.
Os alumnos e alumnas están levando a cabo tarefas de poda nas árbores desta vía, aplicando sobre o terreo os coñecementos que están adquirindo durante a súa formación na especialidade de xardinería.
Desde o Concello de Cervo queremos agradecerlles o traballo, a dedicación e o esforzo que están a demostrar, así como a pegada que van deixando nos diferentes espazos públicos do municipio.
Unha formación que vai máis alá da aprendizaxe, xa que permite ao alumnado adquirir experiencia profesional ao tempo que contribúe ao coidado, mantemento e mellora das nosas contornas, para o desfrute de toda a veciñanza.