O CERTAME DE FOTOGRAFÍA CERVO RESPECTA XA TEN GAÑADORES

O prometido é débeda e neste Día Mundial do Medio Ambiente, facemos público o fallo do xurado do XIV Concurso Fotográfico de Medio Ambiente Cervo Respecta, que contou coa participación de 44 instantáneas e cun gran nivel que llo puxo certamente difícil ao xurado.

  • Primeiro premio: Cea ao atardecer, de Anxo Cao, con 58 puntos
  • Segundo premio: Esfinge Colibrí, de Germán Paleo, con 57 puntos
  • TOP Cervo, á mellor fotografía na que se indentifique claramente unha paraxe do noso Concello: A Ponte do Bao, de Germán Paleo, con 49 puntos.

Parabéns a todos eles e moitas grazas a todas as persoas que participaron e que quixeron compartir con nós o seu talento a través da óptica.

 

TOP CERVO, PONTE DO BAO