O CONCELLO AGRADECE O LABOR DOS MEDIOS DE EXTINCIÓN E O COMPORTAMENTO DA VECIÑANZA NO INCENDIO DECLARADO EN RÍO COBO

Desde o Concello de Cervo queremos agradecer profundamente o esforzo, a entrega e a profesionalidade de todas as persoas e equipos que participaron e participan nas tarefas de extinción , que aínda nestes momentos seguen loitando contra unhas condicións meteorolóxicas moi adversas.

Durante esta madrugada declarouse un incendio que mantivo en alerta a Río Cobo e Pedrosa, e en consecuencia, a todo o Concello de Cervo.

Grazas ao intenso traballo dos medios de extinción  —que levan traballando sen descanso desde as primeiras horas— o lume puido darse por estabilizado arredor das 15:30 h, aínda que continúan as tarefas para lograr a súa completa extinción .

Desde o Concello de Cervo queremos agradecer profundamente o esforzo, a entrega e a profesionalidade de todas as persoas e equipos que participaron e participan nas tarefas de extinción , que aínda nestes momentos seguen loitando contra unhas condicións meteorolóxicas moi adversas.

Tamén queremos recoñecer o comportamento exemplar da veciñanza de Río Cobo e de Pedrosa , que actuou con serenidade e colaboración, mesmo aquelas persoas que tiveron que abandonar as súas casas como medida preventiva .

Desde o primeiro intre estivemos ao carón da veciñanza, seguindo de preto a evolución da situación e ofrecendo todo o apoio posible , compromiso que mantemos mentres continúan os traballos para extinguir o lume por completo.

 A forza, a unidade e a solidariedade da nosa xente son, unha vez máis, o mellor exemplo de comunidade.

Grazas