O CONCELLO DE CERVO ACHEGA OS CALENDARIOS DE NADAL AO CDR
Amosaron gran interese polos calendarios e parece que lles gustaron especialmente as fotografías, das que eles/as mesmos son protagonistas.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e a concelleira de Servizos Sociais, Pilar Armada, achegáronse esta mañá ata o Centro de Día–Residencia para entregarlle ás persoas usuarias os calendarios de Nadal, que nesta ocasión, como sabedes, están protagonizados polo programa “Arruguiñas”, que tamén desenvolve o Concello no CDR.
De feito, no momento da visita estaban na iniciativa “Coas túas mans” un taller de manualidades dirixido ás persoas usuarias pensado para traballar a atención, a concentración e as habilidades cognitivas.
Amosaron gran interese polos calendarios e parece que lles gustaron especialmente as fotografías, das que eles/as mesmos son protagonistas.