O CONCELLO DE CERVO ACHEGOU AO ALUMNADO DO CEIP DE CERVO UNHA ACTIVIDADE DE SENSIBILIZACIÓN POLO 25N
O Grupo de Teatro A Mariña volveu ofrecer unha proposta chea de emoción e reflexión, especialmente deseñada para conectar co público máis novo e fomentar valores de igualdade e convivencia.
Esta mediodía achegámoslle ao alumnado de quinto e sexto de Primaria do CEIP de Cervo a representación da obra “Os Soños de Adelina”, unha actividade incluída na programación do 25N.
O Grupo de Teatro A Mariña volveu ofrecer unha proposta chea de emoción e reflexión, especialmente deseñada para conectar co público máis novo e fomentar valores de igualdade e convivencia.
Queremos agradecer ao centro educativo a súa colaboración e tamén á Asociación Saúde Mental A Mariña, cuxo traballo é moi importante para avanzar na sensibilización temperá e na prevención da violencia de xénero.
A educación é unha ferramenta clave para construír unha sociedade máis xusta e libre de violencias.