O CONCELLO DE CERVO ACOLLE ESTE MÉRCORES UNHA XORNADA FORMATIVA SOBRE TURISMO SLOW E EXPERIENCIAS CON IDENTIDADE DA MAN DA MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DA MARIÑA

charla mancomunidad

Ata alí achegouse a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, que, xunto á presidenta da Mancomunidade, Rocío López, deu a benvida ás persoas participantes e agradeceu a elección de Cervo como sede deste encontro.

A Sala Cultural Xosé Vizoso, no edificio das Carboeiras de Sargadelos, acolle hoxe a última xornada do programa formativo impulsado pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, baixo o título “Turismo Slow: deseñar experiencias con identidade”.

Ata alí achegouse a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, que, xunto á presidenta da Mancomunidade, Rocío López, deu a benvida ás persoas participantes e agradeceu a elección de Cervo como sede deste encontro.

A sesión, impartida por María Traveso e Vero Rodríguez, de Promove Consultoría e Formación, reúne profesionais do sector turístico da comarca para reflexionar sobre como transformar os recursos, a cultura e a identidade do territorio en experiencias turísticas auténticas e diferenciadoras.

Cervo está representado nesta iniciativa por dous establecementos do municipio, Marmeladas A Morena  e a Casa do Mudo que participan activamente nesta xornada.

Desde o Concello valoramos moi positivamente este tipo de iniciativas, que favorecen a formación, o intercambio de coñecementos e a colaboración entre os profesionais do sector, contribuíndo a fortalecer A Mariña como destino turístico.

 Seguimos apostando pola formación, a cooperación e a posta en valor de todo o que fai único o noso territorio.