O CONCELLO DE CERVO ACOLLE A MOSTRA PHOTO XUNTANZA NA SALA DAS CARBOEIRAS EN SARGADELOS

Un conxunto de 70 fotos forman esta mostra de temática e técnica e moi variada que non deixará indiferente a ninguén e que se poderá visitar os sábados e domingos de 16:00 a 20:00 horas, ata o 16 de xuño.
Este domingo estivemos de inauguración na Sala das Carboeiras en Sargadelos.
Coa mostra PHOTO XUNTANZA
Unha exposición colectiva na que participan:
- Fotonavia é unha asociación creada en Navia (Asturias)
- Os Potiños é un grupo de Carballiño (Ourense)
- Grupo Asemeya de Xixón (Asturias)
- Asociación Os Negativos de Viveiro (Lugo)
- Vicente Ansola, como convidado especial. O prestixioso fotógrafo cántabro posúe varios premios de carácter internacional.