O CONCELLO DE CERVO ACOLLERÁ A IV GRAN FESTA DAS XERACIÓNS O PRÓXIMO 4 DE ABRIL
O club de trail A Fume de Carozo, coa colaboración do Concello de Cervo, organiza a IV Gran Festa das Xeracións, unha iniciativa pensada para reunir persoas de distintas idades nunha xornada de convivencia e celebración interxeracional.
O club de trail A Fume de Carozo, coa colaboración do Concello de Cervo, organiza a IV Gran Festa das Xeracións, unha iniciativa pensada para reunir persoas de distintas idades nunha xornada de convivencia e celebración interxeracional.
O evento celebrarase o sábado 4 de abril nunha carpa instalada na Praza dos Campos, en San Ciprián. A programación comezará cunha sesión vermú ás 14:00 horas e continuará co xantar ás 15:00 horas.
A cita foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, xunto con varios membros do club organizador, que destacaron o carácter aberto e participativo desta proposta, pensada para fomentar os reencontros e fortalecer os lazos entre xeracións.
A festa manterá o formato que caracterizou as anteriores edicións, cun xantar no que os asistentes se organizarán en mesas segundo a súa década de nacemento, unha fórmula que facilita compartir a xornada con persoas da mesma xeración e tamén coñecer nova xente.
O menú terá un custo de 35 euros para as persoas non socias e de 30 euros para as socias do club. Os tíckets poden adquirirse ata o 30 de marzo en diferentes establecementos hostaleiros da zona.A xornada completarase con música en directo da man de Conxuro, ademais de sorpresas e sorteos para os asistentes.
Desde a organización animan á veciñanza da Mariña a participar nesta iniciativa, que busca consolidarse como un punto de encontro festivo para compartir un día diferente entre xeracións.