O CONCELLO DE CERVO ACOLLERÁ A MOSTRA ARTE E HUMO.O ENXEÑO DE ANTONIO MINGOTE DA MAN DE ABANCA E AFUNDACIÓN

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, participou na sinatura do convenio na Casa do Concello, xunto ao coordinador institucional de ABANCA en Lugo, Carlos Teijeiro Pita, e á coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano, para facer posible a chegada desta destacada mostra ao municipio.

Grazas á colaboración entre o Concello de Cervo, ABANCA e Afundación, a veciñanza poderá desfrutar desta proposta cultural na Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Cervo do 4 de xuño ao 10 de xullo.

 A inauguración oficial da exposición terá lugar o xoves 4 de xuño ás 11:00 horas na Casa da Cultura.

 A mostra reúne debuxos, viñetas e reflexións visuais de Antonio Mingote, unha das grandes figuras do humor gráfico español, cunha obra marcada pola ironía, a elegancia e a crítica social.

Esta iniciativa enmárcase no proxecto «Corrente cultural», impulsado por ABANCA e Afundación para achegar a cultura e a arte ás vilas galegas.

 Dende o Concello de Cervo continúase apostando por poñer á disposición da veciñanza espazos culturais vivos e accesibles, favorecendo a chegada de exposicións e actividades de relevancia ao municipio.