O CONCELLO DE CERVO ANIMA A ASISTIR AO I FESTIVAL DO GUIONCHO QUE TERÁ LUGAR O 13 DE ABRIL NA PRAZA DOS CAMPOS

O cartel inclúe a El Combo Dominicano e á orquestra Waikas, a entrada por un prezo de 10 euros pode adquirirse nos locais comerciais ou ese día en taquilla a partir das 18:00 horas

A apertura de portas está prevista para as 22:30 horas e o evento será nunha carpa con servizo de buses desde Burela e Viveiro

A cita está organizada pola asociación cultural Comisión de Festas de Lieiro, coa colaboración da Administración local

 

O Concello de Cervo anima a asistir ao I Festival do Guioncho que terá lugar, da man da A.C. Comisión de Festas de Lieiro, o 13 de abril nunha carpa instalada na Praza dos Campos.

A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, pola tenente de alcaldesa, Mali Méndez, e por unha representación da asociación que se encarga do evento  que terá como cabeza de cartel a El Combo Dominicano, acompañado pola orquestra Waykas.

A entrada anticipada por un prezo de 10 euros pode adquirirse nos locais comerciais ou ese mesmo día en taquilla a partir das 18:00 horas.

Haberá tamén servizo de autobuses con saída ás 22:00 horas desde Viveiro e Burela.