O CONCELLO DE CERVO ANIMA Á VECIÑANZA A REVITALIZAR AS SÚAS FINCAS COA PLANTACIÓN DE ÁRBORES FROITEIRAS
Este próximo luns, 12 de xaneiro, abre o prazo para participar no pedido conxunto tramitado pola delegación de Medio Ambiente
Este próximo luns, 12 de xaneiro, abre o prazo para participar no pedido conxunto tramitado pola delegación de Medio Ambiente
O Concello de Cervo anima á veciñanza a participar no pedido conxunto de árbores froiteiras que tramita cada ano a delegación de Medio Ambiente, “co obxectivo de revitalizar as fincas, para que sexan cada vez máis produtivas”.
Os impresos estarán a disposición das persoas interesadas ata o 6 de febreiro no Rexistro do Concello de Cervo e na Casa da Cultura.