O CONCELLO DE CERVO ANIMA A VECIÑOS E VISITANTES A PARTICIPAR ESTE SÁBADO NAS FESTAS DA SENRA, NA HONRA Á VIRXE DO CARME E SAN PEDRO

A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, polo edil de Zona Rural, Adrián Arias, e por membros da Asoc. Cultural e Recreativa O Raxal, como entidade organizadora

A programación para o sábado, 29 de xuño, será a seguinte:

Haberá Misa na honra de San Pedro e a Virxe do Carme, ás 13:30 horas, cantada polo Coro Parroquial de Cervo; seguida de procesión con Fol de Raxal e Cordenaia de Airiños do Xunco.

A continuación, o Grupo MASTER protagonizará o vermú.

Á noite haberá Gran Verbena de novo amenizada polo Grupo MASTER, seguido do Disco Móbil Conxuro

a partir das 22:30 horas.

O Concello de Cervo anima a veciños e visitantes a participar nesta Festa, que dá o punto de partida ao verán, como primeira Festa Patronal dunha tempada estival que volverá encher cada recuncho de Cervo de actividades para todos os públicos e para desfrutar coa familia e amigos.