O CONCELLO DE CERVO CELEBRARÁ A XVIII FESTA DO OVO FRITO O 14 DE AGOSTO

ovo frito

A tradicional cita está organizada pola asociación cultural Airiños do Xunco e Cabaleiros Da Bidueira, coa colaboración do Concello

A organización ten previstos 8000 ovos e 4000 chourizos que se servirán a partir das 20:00 horas nas inmediacións da Praza do Souto

A Festa estará amenizada pola Charanga Santa Compaña e a Disco Móbil Conxuro

O Concello de Cervo será o escenario da XVIII Festa do Ovo Frito o xoves 14 de agosto.

A cita está organizada por Airiños do Xunco e Cabaleiros da Bidueira, coa colaboración do Concello, e foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, a concelleira Mali Méndez, o edil Adrián Arias, e unha representación destas dúas asociacións que se encargarán da tradicional cita do verán cervense que cada ano reúne a milleiros de persoas que se achegan ata as inmediacións da Praza do Souto para degustar este manxar.

Desde a organización precisan que se comezarán a servir as racións de ovos, patacas, chourizo, pan e bebida a partir das 20:00 horas, a un prezo de 7 euros.

A cita estará amenizara pola Charanga Santa Compaña e pola Disco Móbil Conxuro e teñen previstos 8000 ovos e 4000 chourizos que se prepararán en vivo e en directo.

O Concello anima a veciños e visitantes a gozar desta Festa tan popular do verán de Cervo e da contorna.