O CONCELLO DE CERVO CELEBROU A FINAL DO MUNDIAL NA PRAZA DOS CAMPOS

FINAL MUNDIAL

Familias, amizades, pequenos e maiores compartiron cada xogada, cada aplauso e cada emoción, demostrando que o fútbol tamén é unha oportunidade para unir á nosa veciñanza.

Que tarde para o recordo na Praza dos Campos!

Cervo respondeu unha vez máis. Numerosos veciños e veciñas encheron a Praza dos Campos para vivir xuntos unha final inesquecible, nun ambiente espectacular, cheo de ilusión, emoción e moito orgullo. 

Familias, amizades, pequenos e maiores compartiron cada xogada, cada aplauso e cada emoción, demostrando que o fútbol tamén é unha oportunidade para unir á nosa veciñanza.

 Queremos felicitar de corazón á Selección Española, campioa do mundo, por este éxito histórico que nos fixo vibrar a todos.

Desde Cervo enviámosvos os nosos parabéns e o orgullo de ter compartido esta xornada tan especial xuntos.

 Grazas a todas as persoas que vos achegastes á Praza dos Campos e fixestes posible este ambientazo. Unha tarde de convivencia, deporte e celebración que quedará na memoria de todos.

 Parabéns, España! Desde Cervo celebramos convosco este novo título mundial.