O CONCELLO DE CERVO CELEBROU A XXII edición do Concurso Gastronómico do Ourizo

Entregaron os premios a tenente de alcaldesa, Mali Méndez, e os concelleiros Adrián Arias e Alfredo Fernández.
O pasado venres celebramos a XXII edición do Concurso Gastronómico do Ourizo, a antesala da Festa declarada de Interese Turístico Galego, que terá lugar o sábado.
Segundo as votacións do xurado, que premiaron aspectos como o sabor, a innovación, a presentación ou a sensación no padar os pratos gañadores foron:
1º premio, Pombiñas de Ourizo, de Bodega de Ana
2º premio, Tomamos un Café? de Bodega de Ana
3° premio, Volcán Tropical, do Bar Maruxaina
O xurado estivo composto polo vicedirector do IES de Foz Xosé Lois Ansemil, polos chef da Horta de San Roque e do Asador de Barreiros, Felipe Fernández e Jesús Villarino, respectivamente, que que encomiaron o bo facer dos hostaleiros locais que llo puxeron ben difícil.
Parabéns aos premiados e moitas grazas a todos por participar neste certame para abrir boca á xornada principal na que se poderán degustar diferentes tapas co ourizo como denominador común, entre elas as gañadoras do certame.
Entregaron os premios a tenente de alcaldesa, Mali Méndez, e os concelleiros Adrián Arias e Alfredo Fernández.