O CONCELLO DE CERVO CLAUSURA O PROGRAMA ARRUGUIÑAS
Máis de 100 persoas se beneficiaron desta “iniciativa transversal pensada para este nicho de poboación maior de 60 anos co obxectivo de contribuír a que se manteñan activos e activas social, físico e mentalmente”, apuntou a alcaldesa.
Nos últimos días clausuramos a primeira edición de Arruguiñas, un programa integral de envellecemento activo, que foi todo un éxito de participación nas diferentes actividades propostas!!!
Talleres de memoria, talleres terapéuticos, os programas Charlando, Móvete e Actívate, e ata Guateques itinerantes polas diferentes parroquias para contribuír a dinamizar o día a día e fomentar a socialización da nosa veciñanza na etapa de madurez.
Máis de 100 persoas se beneficiaron desta “iniciativa transversal pensada para este nicho de poboación maior de 60 anos co obxectivo de contribuír a que se manteñan activos e activas social, físico e mentalmente”, apuntou a alcaldesa.
Foi un programa que configuramos con moito mimo para poder ofrecerlle aos nosos veciños e veciñas todas as ferramentas e os recursos posibles –engadiu- “para mellorar o seu desenvolvemento persoal durante esta etapa da vida, motivándoos a permanecer activos e recordándolle o papel fundamental que desempeñan no noso municipio”.
A alcaldesa quixo agradecer a implicación de todos os participantes, e tamén a colaboración dos diferentes colectivos, traballadores e persoas voluntarias, cuxo papel foi fundamental para que Arruguiñas funcionase así de ben!!
Saúde Mental A Mariña, Xubilados Terramar, Icía, e moitas máis persoas e asociacións veciñais que tamén foron fundamentais para poder levar os guateques itinerantes ás diferentes parroquias.
Grazas!!!!
Vémonos o próximo curso!!!