O CONCELLO DE CERVO CLAUSURA UNHA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA “CERVO MADRUGA”, NO QUE PARTICIPARON 30 NENOS E NENAS DOS DOUS CENTROS EDUCATIVOS DA LOCALIDADE

Con motivo desta última xornada do servizo, o concelleiro, Adrián Arias, achegouse aos dous centros educativos para acompañar ás crianzas participantes e agradecer a implicación tamén das monitoras que fan posible o desenvolvemento desta iniciativa.

O Concello de Cervo clausurou este venres unha nova edición do programa municipal “Cervo Madruga”, unha iniciativa posta en marcha en colaboración coas ANPAS do CEIP de Cervo e do CEIP Península da Paz co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral e familiar das familias do municipio nas primeiras horas da mañá.

Con motivo desta última xornada do servizo, o concelleiro, Adrián Arias, achegouse aos dous centros educativos para acompañar ás crianzas participantes e agradecer a implicación tamén das monitoras que fan posible o desenvolvemento desta iniciativa.

Nesta edición participaron un total de 30 nenos e nenas entre os dous colexios, facendo uso dun servizo que ofrece atención ás crianzas antes do inicio da actividade lectiva e que se consolidou como unha ferramenta de gran utilidade para moitas familias cervenses.

Adrián Arias destacou que “Cervo Madruga naceu da man das ANPAS e da súa colaboración co Concello para dar resposta a unha necesidade real das familias do municipio”. Neste sentido, subliñou que “que se trata dun servizo necesario e moi valorado, que contribúe a facilitar a conciliación e a mellorar o día a día de moitos fogares”.

O edil quixo tamén agradecer “o compromiso e o traballo das ANPAS do CEIP de Cervo e do CEIP Península da Paz, así como das monitores porque a súa implicación resulta fundamental para que esta iniciativa se desenvolva con éxito e adaptada ás necesidades de cada centro”.

Desde o Concello de Cervo lembran que o programa volverá poñerse en marcha co inicio do próximo curso escolar, reafirmando así a aposta municipal por impulsar medidas que favorezan a conciliación familiar e laboral e contribúan ao benestar da veciñanza.

clausura Cervo Madruga