O CONCELLO DE CERVO CONMEMORA O DÍA DO LIBRO CUN CERTAME LITERARIO
A data límite para presentar os traballos é o 30 de abril
Feliz Día do Libro!
Hoxe, 23 de abril, celebramos a maxia das historias, da imaxinación e das palabras que nos fan viaxar sen movernos do sitio.
Dende o Concello de Cervo animámosvos a participar no noso Certame do Día do Libro, unha oportunidade perfecta para deixar voar a creatividade
- 3 categorías:
Infantil (3-6 anos): crea o teu marcapáxinas orixinal
Primaria (7-11 anos): continúa unha historia que te propoñemos
Adultos (12+ anos): relato ou anécdota familiar ou continúa a historia que che propoñemos
Data límite: 30 de abril
Envío por correo: prensa@concellodecervo.com
Ou por WhatsApp: 683 315 939
Anímate a escribir, crear e compartir!