O CONCELLO DE CERVO CONVIDA A PARTICIPAR NA ROMARÍA DE SANTA EUFEMIA DE TRASBAR A VINDEIRA FIN DE SEMANA
A cita, organizada pola asociación de veciños do Burgo de Trasbar coa colaboración do Concello de Cervo, terá lugar os días 13, 14, 15 e 16 de setembro
O Burgo de Trasbar celebrará a próxima fin de semana, do 13 ao 16 de setembro, a romaría de Santa Eufemia.
A cita festiva foi presentada polo edil de Zona Rural, Adrián Arias, e por unha representación da asociación de veciños do Burgo de Trasbar, que se encarga da organización dos festexos.
A Romaría dará comezo o venres ás 23:00 horas da man de Disco Móbil Conxuro.
O sábado, ás 13:00 horas será a misa solemne na honra de Santa Eufemia, e a continuación terá lugar a sesión vermú da man do grupo Fénix, que repetirá na verbena con Disco Móbil Conxuro, a partir das 22:30 horas.
O domingo, ás 13:00 horas volverá haber misa, na honra de San Antonio e o Carme, seguida de sesión vermú co Dúo Son de Festa. Ás 20:00 horas, será a misa solemne na capela de arriba e o luns ás 13:00 horas, volverá haber misa na honra de Santa Eufemia.
O Concello de Cervo, convida, a todos, veciños e visitantes, a que desfruten desta Gran Festa a vindeira fin de semana.