O CONCELLO DE CERVO ENTREGOULLES AOS APICULTORES PRODUTO ATRAENTE PARA ELABORAR TRAMPAS CONTRA A VELUTINA
A Administración local leva entregando este líquido con carácter regular desde o ano 2017; co obxectivo de “tentar así frear a expansión desta especie invasora e minimizar a formación de niños no termo municipal”
A reunión tivo lugar días atrás na Casa do Concello, e se algún apicultor ou apicultora non tivo coñecemento da mesma por calquera circunstancia, pode poñerse en contacto co departamento de Medio Ambiente do Concello de Cervo, para recibir este líquido para a confección das trampas.
O Concello de Cervo segue así traballando coordinadamente coas persoas apiculturas para afrontar esta problemática, tal e como vimos facendo desde que temos constancia da presenza da velutina no noso municipio "tentando minimizar o impacto desta especie invasora para protexer, na medida das nosas posibilidades, o seu traballo e o das súas abellas”.
Na foto a tenente de alcaldesa e edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, entregando o líquido.