O CONCELLO DE CERVO FELICITA AOS ATLETAS LOCAIS POLO SEU PAPEL NO NACIONAL SUB-14
Mención especial para Jesús García Paderne, do Maderas Barcia Cervo que acadou unha magnífica medalla de prata en triathlon C, que inclúe salto de lonxitude, salto de altura e 80 metros vallas, un resultado extraordinario que confirma a súa progresión e o seu enorme potencial.
Orgullo cervense no Campionato de España Sub-14
Dende o Concello do Cervo queremos darlle os parabéns aos e ás atletas cervenses que levaron o nome do noso municipio ao máis alto nivel no Campionato de España Sub-14, demostrando talento, esforzo e compromiso.
Iván Baltar, Daniela de la Plaza e Iria Baltar, do Maderas Barcia Cervo volveron deixar patente o gran traballo que realizan día a día, competindo entre os mellores atletas do país.
Tamén queremos destacar a actuación de Aroa Eijo, do CLUB DEPORTIVO SAN CIPRIÁN que representou con orgullo ao noso concello nun campionato do máximo nivel.
Mención especial para Jesús García Paderne, do Maderas Barcia Cervo que acadou unha magnífica medalla de prata en triathlon C, que inclúe salto de lonxitude, salto de altura e 80 metros vallas, un resultado extraordinario que confirma a súa progresión e o seu enorme potencial.
Parabéns a todos e todas polos vosos incribles logros e tamén aos clubs Maderas Barcia Lourenzá e CD San Ciprián, así como ás familias, adestradores e persoas que vos acompañan neste camiño.
Cervo está moi orgulloso de vós.