O CONCELLO DE CERVO FELICITA AOS ATLETAS LOCAIS POLOS SEUS ÚLTIMOS LOGROS DEPORTIVOS
Os atletas dos clubs Maderas Barcia Cervo e CLUB DEPORTIVO SAN CIPRIÁN continúan colleitando éxitos e demostrando o gran nivel do atletismo do municipio con destacados resultados tanto nos Campionatos Galegos Sub-18 e Sub-14 como no Campionato de España Sub-16.
Éxito dos clubs cervenses nos Campionatos Galegos e no Campionato de España
Os atletas dos clubs Maderas Barcia Cervo e CLUB DEPORTIVO SAN CIPRIÁN continúan colleitando éxitos e demostrando o gran nivel do atletismo do municipio con destacados resultados tanto nos Campionatos Galegos Sub-18 e Sub-14 como no Campionato de España Sub-16.
Mención especial para Pedro Moirón
O atleta do Maderas Barcia Lourenzá Cervo, Pedro Moirón, acadou un fito histórico ao proclamarse campión de España Sub-16 nos 1.500 metros obstáculos, un logro extraordinario que o sitúa entre as grandes promesas do atletismo estatal. Parabéns. E os seus compañeiros e compañeiras atletas tamén deixaron ben alto o listón:
Maderas Barcia Lourenzá-Cervo
Campionato Galego Sub-18 (Lugo)
Lidia Balseiro – Subcampioa galega nos 1.500 metros
Omar Cabrera – Subcampión galego en salto de lonxitude
Cristina Vázquez – Medalla de bronce en triplo salto
Campionato Galego Sub-14 (O Barco de Valdeorras)
Jesús González – Ouro en 80 e 220 metros valados.
Daniela de la Plaza – Prata en 80 metros valados
Iria Baltar – Prata en xavelina.
Iván Baltar – Prata en xavelina e
bronce en disco.
Noa Villota – Bronce nos 1.000 metros lisos.
CD San Ciprián
Daniel Seijas – Subcampión galego en disco e
bronce en peso.
Aroa Eijo – Medalla de bronce nos 80 metros valados.
Desde o Concello de Cervo queremos trasladar os nosos parabéns a todos os atletas, ás súas familias, aos equipos técnicos e aos clubs polo magnífico traballo que están a realizar
Noraboa a todos e todas!