O CONCELLO DE CERVO FELICITA A BENEDICTA VÁZQUEZ NO SEU 100 ANIVERSARIO

Desde o Concello de Cervo quixemos renderlle unha agarimosa homenaxe a Benedicta Vázquez Basanta con motivo do seu centenario.

A nosa veciña Benedicta Vázquez Basanta celebra os seus 100 anos 

Desde o Concello de Cervo quixemos renderlle unha agarimosa homenaxe a Benedicta Vázquez Basanta con motivo do seu centenario.

 A alcaldesa, Dolores García Caramés, achegouse ata a súa casa para felicitala persoalmente e facerlle entrega dun ramo de flores en nome de toda a veciñanza.

Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, Benedicta foi a máis nova de dez irmáns. Desde moi nova traballou arreo no campo e coidou dos animais, demostrando sempre unha gran capacidade de esforzo e sacrificio.

É nai dun fillo, avoa de dous netos e bisavoa, e toda a súa familia destaca dela a súa inmensa alegría, a súa enerxía inesgotable e o seu bo humor.

Sempre foi unha muller moi activa. Encantáballe viaxar, desfrutar da praia, conducir e participar en todas as actividades que organizaba o Concello. Ademais, cantar é unha das súas grandes paixóns, e segue facéndoo coa mesma ilusión de sempre.

Coqueta, sorrinte e cun espírito novo que contaxia a todos, Benedicta é un exemplo de vitalidade.

Parabéns, Benedicta, polos teus 100 anos! Que continúes regalándonos ese sorriso, esa alegría e esa enerxía que tanto te caracterizan.