O CONCELLO DE CERVO FELICITA A MATEO RIERA, DE MEDELA, POLO SEU OURO EN PADRÓN

Queremos tamén poñer en valor o magnífico traballo que realiza o o club Medela MTB apostando pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal.

Desde o Concello de Cervo queremos felicitar a Mateo Riera polo primeiro posto conseguido no XVIII Trofeo Esponsor de Padrón, nunha carreira moi disputada que se decidiu ao sprint.

Mateo continúa demostrando o gran nivel que está a acadar nesta tempada, sumando un  primeiro posto e un  terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Un resultado que é froito do esforzo, da constancia e da paixón polo ciclismo.

Queremos tamén poñer en valor o magnífico traballo que realiza o o club Medela MTB apostando pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal.

Parabéns Mateo e familia Medela!

En Cervo estamos orgullosos polos vosos éxitos e pola gran tempada que estades realizando.