O CONCELLO DE CERVO FELICITA A SANTI GONZÁLEZ POLO SEU OURO

É un orgullo para o noso municipio contar con deportistas que representan con tanto éxito os valores do traballo, a constancia e a superación.

Desde o Concello de Cervo queremos trasladar a nosa máis sincera felicitación a Santi González Villares, do club de tiro con arco Iadovi pola consecución da medalla de ouro no Campionato Galego de Tiro con Arco de Campo celebrado esta fin de semana en A Rúa.

Este magnífico resultado é froito do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que Santi demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto do podio.

É un orgullo para o noso municipio contar con deportistas que representan con tanto éxito os valores do traballo, a constancia e a superación.

Noraboa, Santi!

Todo un orgullo para Cervo