O CONCELLO DE CERVO FIXO EFECTIVA A ENTREGA DAS AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR DE EDUCACIÓN INFANTIL

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou as axudas destinadas á adquisición de libros e material escolar para o alumnado de Educación Infantil (2º ciclo) dos centros educativos do municipio, o CEIP Península da Paz e o CEIP de Cervo.

O Concello de Cervo entregou as axudas destinadas á adquisición de libros e material escolar para o alumnado de Educación Infantil (2º ciclo) dos centros educativos do municipio, o CEIP Península da Paz e o CEIP de Cervo.

Estas axudas teñen como obxectivo apoiar ás familias no inicio do curso escolar, contribuíndo a reducir o impacto económico que supón a compra de material educativo, ao tempo que se fomenta o consumo no comercio local do municipio.

 A alcaldesa, Dolores García Caramés, destacou que “apoiar ás familias segue a ser unha prioridade para este goberno local, e con estas axudas queremos facilitar o comezo do curso e colaborar coas familias, ademais de reforzar a economía do noso concello”.

Desde o Concello agradécese a participación das familias nesta convocatoria e reitérase o compromiso municipal coa educación.