O CONCELLO DE CERVO ILUMINA DE VERDE OS EDIFICIOS PÚBLICOS POLO DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO
Unha xornada para visibilizar, concienciar e apoiar a todas as persoas que conviven con esta enfermidade, así como ás súas familias e persoas coidadoras.
Hoxe, desde o Concello de Cervo, sumámonos á conmemoración do Día Mundial contra o Cancro, unha xornada para visibilizar, concienciar e apoiar a todas as persoas que conviven con esta enfermidade, así como ás súas familias e persoas coidadoras.
Como mostra de compromiso, diferentes edificios municipais permanecen iluminados de verde, cor que simboliza a esperanza, a prevención e a loita contra o cancro.
Investigación, prevención, apoio e solidariedade son claves para avanzar.